image
image
image
 


image

Benvidos a Casoa de Braña

Casoa de Braña constrúese no 2005 respetando o seu entorno e a tipoloxía arquitectónica da zona empregando materiales autóctonos como madeira, pedra e lousa.Conta con cinco apartamentos, un deles adaptado para minusválidos, nos que a decoración rústica de montaña e as novas tecnoloxias combínanse para ofrecerlle unha estadia cómoda e acolledora.En todos pode disfrutar de calefacción,auga quente, cheminea e leña,cociña perfectamente equipada, televisión e fio musical.Ademais dispón dunha lavanderia de uso común.Ten a posibilidade de solicitar camas supletorias nalgunha das suas amplias habitacións, todas exteriores.Admítense animais de compañia.

Casoa de Braña está ubicada en Braña, Unha pequena aldeano municipio de A Fonsagrada ( Lugo), no límite de Os Oscos ( Asturias). Dende a sua privilexiada situación poderá acadar maravillosas vistas. É o lugar ideal para o cliente que busca tranquilidade, fóra da cidade,e un entorno natural.Poderá descansar despois de disfrutar de moitas actividades como o sendeirismo, caza , pesca, 4 x 4, pasear por As Seimeiras e contemplar sobrecolledoras panorámicas dende miradores coma Pedras Apañadas, Montouto ou o mirador de Arexo.Se lle interesa a cultura etnográfica non deixe de visitar o Museo Etnográfico de A Fonsagrada, o Mazonovo ( Asturias), o Museo de Granadas de Salime,...( para suxerencias pregunte o propietario ou consulte www.fonsagrada.org). Na época vacacional tamén poderá refrescarse nas piscinas de A Fonsagrada e Santa Eulalia de Oscos ou achegarse as praias da costa lucense ( 50 minutos en coche). Outro atractivo importante desta zona é a sua sabrosa gastronomía, destacando o butelo e o Pastel de Fonsagrada.



Admítense animais.
Praia a 45 minutos.
¡Se a todo esto lle sumamos a xenerosa hospitalidade dos seus propietarios queda garantida a súa satisfacción!





Contacte con nós para máis informacion.

image image image image image image image
image
image
image